Información xeral

Prazos – medio de presentación

Renovacións: un único prazo no mes de maio.

Novas matrículas: dous prazos, un no mes de xuño e outro en setembro.

As datas concretas publicaranse xunto cos seus formularios en liña correspondentes ao final deste apartado unha vez achéguense as datas de cada convocatoria.

A matrícula continuará aberta todo o curso. Para matricularse fóra de prazo hai que solicitalo escribindo ao email da Escola para consultar os horarios e instrumentos dispoñibles.

Horarios

As materias grupais terán un horario fixo que se publicará en cada formulario cando os prazos estean abertos.

As clases de instrumento concretaranse individualmente nunha reunión presencial se a situación sanitaria permíteo ou vía telefónica antes do inicio das clases. Poderán ser de 30 ou 60 minutos semanais.

A orde de matrícula determinará a orde á hora de escoller/modificar horarios de calquera materia, sexa grupal ou instrumental en calquera dos prazos.

Cota matrícula – Prezos

Hai unha matrícula de 30€ que se paga unicamente no primeiro ano. Pasarase coa primeira mensualidade do curso (outubro).

Táboa de prezos.

As familias numerosas terán dereito a un desconto do 10% sobre todos os prezos sempre que envíen ao email da Escola un documento xustificativo tras marcar esta opción no formulario de matrícula.