Oferta educativa
Etapa de iniciación musical para descubrir e desenvolver as capacidades expresivas e motrices, que favorezan a motivación necesaria, mediante o xogo e a relación cos demáis, para o desenvolvemento das súas capacidades expresivas en relación coa música.
Os dous primeiros cursos terán un carácter xeral, mentres que o terceiro curso estará enfocado ao coñecemento dos diferentes instrumentos musicais para que no cuarto curso compaxinen música e movemento coa iniciación instrumental e o coro.
Instrumentos: Piano, guitarra española, guitarra eléctrica, baixo eléctrico, ukelele, batería, violín, frauta traveseira e canto (poden ampliarse en función da demanda).
Itinerario propio – 8 a 11 anos (3º ata 6º Ed. Primaria)
- Clase instrumento
- Linguaxe musical (2 cursos)
- Materias grupais optativas
- Coro
- Agrupación
Itinerario personalizado – 12 anos en adiante e adultos
- Clase instrumento
- Materiais grupais optativas
- Coro
- Agrupación
Probas de acceso e reforzo de conservatorio